Novas

Estimados veciños/as.
Informáselle de que se vai poñer en funcionamento un novo servizo, totalmente gratuíto e con plazas limitadas, para o coidado de nenos e nenas de entre 0 e 3 anos de idade.
Dito servizo levarase a cabo nunha vivenda emprazada no núcleo de Barreiro, nº 22, Santa María de Cexo (Verea), de luns a venres (excepto festivos). Coa posibilidade de recoller aos menores nos seus domicilios.
Datos de contacto para todos aqueles que estean interesados.
Teléfono e Whatsapp: 693.649.616
Correo electrónico: esthergonpa34@gmail.com