Concello de Verea

Web Oficial do Concello de Verea

Concello de Verea

Novas

Verea contrata catro peóns para previr os incendios

📁 Actualidade 🕔12.abril 2019
Verea contrata catro peóns para previr os incendios

Os beneficiados asinarán un contrato de nove meses e recibirán unha contía media de 13.000 euros.

O Concello de Verea será un dos 87 municipios galegos adscritos ao programa Aprol Rural, mediante o que procederán á contratación dos catro traballadores solicitados polo goberno local á Xunta de Galicia. As persoas que finalmente se beneficien da iniciativa serán as encargadas de realizar tarefas de xestión do monte e a prevención de incendios.
Así llo comunicou a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, ao alcalde de Verea, Juan Martínez, durante o encontro mantido o pasado martes. O programa, desenvolto pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, destinará unha contía media de 13.176 euros por traballador, que cada un deles recibirá ao longo dos nove meses de contrato. Para poder beneficiarse desta iniciativa, os contratados deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia.