Concello de Verea

Web Oficial do Concello de Verea

Concello de Verea

Piscinas

Piscinas

As piscinas municipais foron construídas no ano 1992 no núcleo de Nigueiroá.

O complexo conta con dúas piscinas descubertas, unha para adultos e outra infantil, pista deportiva para fútbol, tenis e baloncesto e unha ampla zona verde de descanso.
Ademais, dispón de vestiarios e aseos, posto de primeiros auxilios e bar e terraza.

Estas instalacións permanecen abertas dende o 1 de xullo ata o 15 de setembro, en horario de mañá realízanse actividades de ocio para nenos e cursos de natación para adultos e nenos.

Horario
Luns – Venres: 14:00 – 20:30 horas
Sábados e Domingos: 14:00 – 21:00 horas

Precio Entradas
Infantís: 1€
Adultos: 2 €

Precios Bonos
Infantís: 6€
Adultos: 12 €
Familiar: 25€

Os bonos poderán facerse nas oficinas municipais en horario de 08:30 a 15:00 horas.