Concello de Verea

Web Oficial do Concello de Verea

Concello de Verea

Novas

Impresión de documentos para aqueles estudantes que non teñan posibilidade de facelos nas súas casas

📁 Actualidade, Destacados 🕔06.abril 2020
Impresión de documentos para aqueles estudantes que non teñan posibilidade de facelos nas súas casas

Durante o período de confinamento provocado polo COVID-19 nas oficinas municipais do Concello de Verea habilítase o servizo de impresión de documentos para aqueles estudantes que non teñan posibilidade de facelos nas súas casas.

Os arquivos a imprimir deberán enviarse ao seguinte enderezo electrónico concello.verea@eidolocal.es, indicando no mesmo o enderezo e número de teléfono do interesado, e faráselle chegar aos seus domicilios.